Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 28 de novembro de 2001 Páx. 15.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

O Concello de Sarria, en conformidade co acordado pola Comisión de Goberno na sesión ordinaria que tivo lugar o 25 de setembro de 2001, convoca a seguinte licitación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Sarria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: a obra correspondente ó proxecto técnico estación depuradora de augas residuais en Sarria.

b) Prazo de execución: seis meses (6).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 58.235.100 pesetas (350.000 euros). Inclúese o IVE correspondente.

5. Garantías.

Provisional: 2% do prezo de licitación.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Clasificación do contratista.

Será esixible a clasificación do contratista no grupo K, subgrupo 8 e categoría d); no grupo I, subgrupo 9 e categoría a); no grupo J, subgrupo 5 e categoría b).

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Sarria.

b) Domicilio: rúa Maior, 14.

c) Localidade e código postal: 27600 Sarria.

d) Teléfono: 982 53 50 00.

e) Fax: 982 53 09 16.

8. Data límite de obtención de documentación e información.

Ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación de proposicións: vinteseis (26) días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que integrará as ofertas: a especificada nos pregos de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Sarria, rúa Maior, 14. 27600 Sarria.

10. Apertura das ofertas: o terceiro día hábil seguinte ó da celebración do acto de calificación da documentación que se celebrará, á súa vez, o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións (agás que coincidise en sábado), ás trece trinta horas, na casa do concello, rúa Maior, 14.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Sarria, 16 de outubro de 2001.

O alcalde

Rubricado