Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 28 de novembro de 2001 Páx. 15.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO de alleamento de inmoble.

En cumprimento do acordo plenario do 12-11-2001 e do disposto no artigo 78 do RDL 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e 326 da Lei 7/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, faise pública a licitación para o alleamento do seguinte inmoble municipal.

1. Obxecto: alleamento, compravenda, do inmoble municipal sito na rúa Rodríguez Murias nº 20.

2. Tramitación: ordinaria.

3. Procedemento: aberto.

4. Sistema de adxudicación: poxa.

5. Prezo tipo: trinta millóns de pesetas, equivalentes a cento oitenta mil trescentos tres con sesenta e tres euros (30.000.000 de pesetas, 180.303,63 euros).

6. Prazo e formalización: un mes.

7. Fianza provisional: excluída.

8. Fianza definitiva: excluída.

9. Presentación de ofertas: durante os 15 días naturais seguintes ó de publicación deste anuncio no DOG, cos requisitos do artigo 7 do prego de condicións; presentaranse no rexistro do concello ou por correo, comunicándoo neste caso mediante telegrama ou fax.

O prego de condicións económico-administrativas particulares e a descrición técnica do inmoble están á disposición de tódolos interesados nas oficinas xerais do Concello de Ribadeo; praza de España nº 1, 27700 Ribadeo-Lugo, teléfono 982 12 86 50, fax 982 13 09 75. Horario de atención ó público das 9 ás 14 horas, de luns a venres.

10. Modelo de proposición:

D/Dª..., veciño/a..., con enderezo en..., titular do DNI nº... en nome propio (o en representación de... conforme acredita con poder verificado na súa suficiencia), coñededor da poxa aberta tramitada polo Concello de Ribadeo para a adxudicación da compravenda do inmoble municipal sito na r/ Rodríguez Murias, nº 20, manifesta coñece-lo prego de cláusulas administrativas que integramente acepta, e comprométese a adquiri-lo inmoble por un prezo de... ptas (en letra e número), oferta que manterá por un prazo de... Ribadeo, ...de...de 2001.

11. Apertura de proposicións: será realizado pola mesa de contratación en acto público, segundo a cláusula 9 do prego, dentro dos 10 días seguintes ó de remate do prazo de presentación de ofertas e logo de convocatoria ós licitadores.

Ribadeo, 19 de novembro de 2001.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde