Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 28 de novembro de 2001 Páx. 15.211

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 7 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, estudio de impacto ambiental e a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións electromecánicas que se citan. (Expediente IN661A-6/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188), Real decreto lei 9/2000, do 6 de outubro, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación do impacto ambiental (BOE nº 241), Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal (DOG nº 75), e o Decreto 205/1955, do 6 de xullo (DOG nº 136), polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, o estudio de impacto ambiental e a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións eléctricas que se citan:

Solicitante: Eólica del Noroeste, S.L.

Dirección social: r/ Fontán, 1-6º porta A, 15004 A Coruña.

Denominación: parque eólico da Valiña.

Concellos afectados: As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

Potencia que se vai instalar: 7,2 MW.

-9 aeroxeradores de 800 kW de potencia nominal unitaria montados sobre fuste tubular metálico de 50 m de altura e rotores de 3 pas de 52 m de diámetro.

-9 transformadores, situados no interior dos fustes de 850 kVA e tensións de 1/20 kV.

-Rede eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV para interconexión dos aeroxeradores e estes coa subestación transformadora.

-Ampliación dunha cela de media tensión 20 kV, na subestación transformadora de Bustelo (20/132 kV), propiedade de P.E. de Bustelo, S.A., protección, telemando e telecontrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e

presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/nº, 15071-A Coruña, no prazo de trinta días, a partir da última publicación.

O estudio de impacto ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico da Valiña poderase examinar no Concello das Pontes de García Rodríguez e nas dependencias das delegacións provinciais das consellerías de Medio Ambiente e de Industria e Comercio da Coruña, podendo presentarse cantas alegacións se considerasen pertinentes ante a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, dentro do prazo sinalado anteriormente.

Así mesmo, o proxecto sectorial do parque eólico da Valiña poderase examinar no Concello das Pontes de García Rodríguez e nas dependencias da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, podendo presentarse cantas alegacións se considerasen pertinentes ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, dentro do prazo sinalado anteriormente.

A Coruña, 7 de novembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña