Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 27 de novembro de 2001 Páx. 15.165

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para o servicio de vixilancia do Centro de menores Montealegre (Ourense).

A Delegación Provincial de Ourense, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

c) Número de expediente: 25/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: servicio de vixilancia diúrna e nocturna do Centro de menores Montealegre (Ourense).

b) Lugar de execución: Centro de menores Montealegre (Ourense).

c) Prazo de execución: desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2002, ámbolos dous incluídos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 18.000.000 de pesetas/108.182,18 euros

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial; Camiño Prado Loña, s/n, Ourense 32004.

b) Teléfono 988 38 60 96, telefax: 988 38 60 87.

c) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares e a indicada no prego de prescicións técnicas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial; domicilio: Camiño Prado Loña, s/n, Ourense.

b) Data: o terceiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

c) Hora: 13 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 5 de novembro de 2001.

P.D. (Orden 19-1-1998)

Isidro J. Cabero Juárez

Delegado provincial de Ourense