Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Covas.
Situación: Dumbría.
Descricións técnicas: liña de media tensión aérea a 20 kV de 130 m de lonxitude en conductor LA-56, que parte da L.M.T.A. Pontella-Lucín, e final no C.T. aéreo de Covas de 25 kVA e ensamblaxe na R.B.T. existente. Concello de Dumbría.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 11 de outubro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña