Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 27 de novembro de 2001 Páx. 15.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2001 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a execución das obras de construcción dun pavillón multiusos e centro social en Domaio (Moaña).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo. Edificios administrativos San Caetano. 15781, Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Número de expediente: 01-01-PO.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construcción dun pavillón multiusos e centro social en Domaio (Moaña).

b) Lugar de execución: Domaio, Moaña (Pontevedra).

Prazo de execución: doce (12) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: setenta e catro millóns seiscentas mil (74.600.000) pesetas (448.355,03 euros).

5. Garantías.

Provisional: esixirase unha fianza provisional (dispensada a quen acredite a clasificación requirida por orde do Ministerio de Economía e Facenda do 11-4-1996), dun millón catrocentas noventa e dúas mil (1.492.000) pesetas (8.967,10 euros).

Definitiva: esixirase unha fianza definitiva de dous millóns novecentas oitenta e catro mil (2.984.000) pesetas (17.934,20 euros).

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Obtención de documentación:

a) Copynino.

b) Enderezo: rúa Xeneral Pardiñas, nº 2.

c) Localidade e código postal: 15701, Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 58 89 38.

O custo total para adquiri-la copia de toda a documentación ascende á cantidade de sete mil cincocentas (7.500) pesetas (IVE incluído) (45,08 euros).

6.2. Obtención de información:

a) Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo.

b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano, s/n. 15781, Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Teléfono: 981 54 43 82/981 54 43 71.

d) Telefax: 981 54 43 43/981 54 53 35.

e) Data límite de obtención de documentos e información: décimo terceiro día contado a partir daquel no que se produza a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo c, tódolos subgrupos, categoría d.

b) Outros requisitos. Datos referentes á situación do empresario, así como ás condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: décimo terceiro día contado a partir de aquel no que se produza a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo. Edificios administrativos San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a apertura de proposicións, de conformidade co artículo 116 do Regulamento xeral de contratación.

e) Admisión de variantes (concurso): ver punto 2.1.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas.

Acto público na sede da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; edificios administrativos San Caetano, Santiago de Compostela (A Coruña), ás 10 horas do sexto día hábil, que non coincida en sábado, a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións.

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos do anuncio.

Os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda