Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 26 de novembro de 2001 Páx. 15.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2001 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da asistencia á deputación na Campaña de Esquí 2002 na estación invernal de San Isidro de León. (Expediente 8765/2001).

Obxecto: asistencia á deputación na Campaña de Esquí 2002 na estación invernal de San Isidro de León.

Orzamento: 50.000.000 de pesetas (IVE incluído), 300.506,05 euros.

Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto.

Garantía provisional: 2% do orzamento.

Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: ata as 13 horas dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 19 de novembro de 2001.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña