Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 26 de novembro de 2001 Páx. 15.114

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO relativo á praia de Beluso.

O Pleno deste Concello, en sesión que tivo lugar o 1-8-2001 e coa asistencia de tódolos seus membros, entre outros adoptou o seguinte acordo que na súa parte dispositiva e literalmente di o seguinte:

6º.-Modificación puntual das normas subsidiarias municipais descatalogación edificación na praia de Beluso 14.

Sometida a votación a proposta da alcaldía apróbase por unanimidade de tódolos membros presentes, dispoñéndose en consecuencia:

-Aprobar definitivamente a modificación puntual das NN.SS. do planeamento respecto da descatalogación de edificación na praia de Beluso nº 14, de conformidade co sinalado no informe autonómico de data 6 de xullo de 2001.

-A publicación do acordo de aprobación e do articulado das normas contidas no BOP.

-O plan ou modificación non estrará en vigor senón transcorridos 15 días desde tal publicación (artigo 70.2º da Lei 7/1985).

-A publicación do acordo de aprobación no DOG e remisión de copia autenticada do expediente completo a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, así como de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, cos documentos e planos sobre os que recaese tal aprobación, debidamente dilixenciados pola Secretaría do Concello facendo consta-lo dito extremo (artigo 48 Lei 1/1997 e 8 Lei 7/1985).

Esta dilixencia entenderase sobre a documentación corrixida segundo os condicionamentos expresados no 1º punto.

-A entrada en vigor do plan ou da súa modificación quedan demoradas ata o cumprimento do disposto nos 2 parágrafos anteriores (artigo 48.4º Lei 1/1997).

-Nas publicacións sinaladas deberá facerse consta-lo réxime de recursos contra o acto de aprobación.

-Así mesmo, estenderase dilixencia advertindo da modificación nos documentos afectados por esta no planeamento previo.

O anuncio de aprobación definitiva e o articulado das normas aprobadas definitivamente públicase no BOP nº 202 de 19-10-2001.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses contados desde o seguinte ó da súa notificación. (artigos 10 e 46 da Lei 29/1998).

Todo iso sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que estime máis procedente e sexa conforme a dereito.

Bueu, 22 de outubro de 2001.

O alcalde

Rubricado