Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 26 de novembro de 2001 Páx. 15.113

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión do día 2 de outubro de 2001, acordou aprobar inicialmente o proxecto de bases e estatutos da UA 33, sita no Petón, promovido por José María Caamaño Louro en representación de Sistemas Metálicos Caamaño, S.L.

Sométese o expediente a información pública polo prazo de vinte días contados desde a publicación do presente anuncio.

Durante o devandito prazo os interesados poderán examina-lo seu contido nas dependencias do Servicio de Urbanismo, e presenta-las alegacións que crean oportunas, así como solicita-la súa incorporación á xunta de compensación. (Expediente 28/2001.BE).

Arteixo, 16 de outubro de 2001.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde