De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os
efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Comerciantes Plaza de Abastos-Bueu, que abrangue os seguintes ámbitos.
Territorial: local.
Profesional: tódolos comerciantes que se encontren de alta no exercicio da súa actividade e na Seguridade Social.
Asinan a acta de constitución: Carmen Brión Pastoriza e outros.
Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
Vigo, 4 de outubro de 2001.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra