Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 23 de novembro de 2001 Páx. 15.069

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

Anuncio de contratación, por concurso por procedemento aberto, para a contratación do servicio da limpeza e mantemento da piscina municipal do Concello do Porriño.

Obxecto: contratación do servicio de limpeza e mantemento da piscina municipal.

Importe: prezo máximo: 43.800.000 pesetas (263.243,61 euros) IVE incluído.

Prazo de execución: dous (2) anos.

Proposicións: data límite de presentación de documentación: 15-1-2002, no rexistro xeral do Concello do Porriño, das 9 ás 14 horas, tódolos días, excepto sábados das 9 ás 13 horas.

Obtención de documentación e información: Concello do Porriño (Pontevedra), r/ Antonio Palacios, nº 1, 36400 O Porriño. Teléfono: 986 33 13 01. Fax: 986 33 58 50.

O Porriño, 8 de novembro de 2001.

José Manuel Barros González

Alcalde