Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 23 de novembro de 2001 Páx. 15.065

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Federación Galega para Formación no Transporte (Fegafort).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da asociación Federación Galega para Formación no Transporte (Fegafort) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita federación as asociacións empresariais de transporte que teñan o domicilio social en Galicia.

Asinan a acta de constitución: José Luis Cigarrán Aenlle, representante da Asociación de Empresarios de Transportes Discreccionais de Lugo (Tradime), e nove persoas máis representando a outras tantas asociacións.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais