Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 23 de novembro de 2001 Páx. 15.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución do expediente sancionador na orde social 318/2001.

Non sendo atopados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador informándolles que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndolle que de non ser interposto en tempo e forma, disporá de un mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria uti

lización do impreso, que poderá solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

Exp. nº: 318/2001.

Acta nº: 36/01.

Titular: Asador Coruña, S.L.

NIF/DNI: B15600828.

Enderezo: Tte. Gómez Zamalloa (A Coruña).

Materia: traballo.

Data res.: 20-9-2001.

Sanción: 100.000 pesetas.

A Coruña, 18 de outubro de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña