Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 23 de novembro de 2001 Páx. 15.055

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (114/2000).

No procedemento arriba referenciado dictouse a seguinte resolución:

Proposta de providencia.

Secretario: Luis Fernández-Arias González.

Padrón, 31 de outubro de 2001.

Dada conta, visto o estado destas actuacións, requírase o condenado Ignacio Martínez Viguera, co

fin de que no prazo dunha audiencia, faga efectiva a cantidade de 18.000 pesetas, que lle foi imposta en sentencia en concepto de multa, prevíndoo de que, de non o verificar voluntariamente ou pola vía de constrinximento, quedará suxeito a unha responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas non satisfeitas.

O que así se propón e asina. Dou fe.

Conforme:

A xuízaO secretario

Dilixencia.-A seguir cúmprese o acordado. Dou fe.

E para que conste e lle sirva de requirimento en forma a Ignacio Martínez Viguera.

Padrón, 31 de outubro de 2001.

O secretario

Rubricado