Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 22 de novembro de 2001 Páx. 15.022

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO.

No BOP de Ourense do día 13 de novembro de 2001 publicouse a modificación da base 4ª das que rexen a convocatoria das bases para a provisión de postos de traballo vacantes no cadro de persoal desta deputación provincial e no cadro laboral fixo, correspondentes á oferta de emprego público de 2001.

En virtude do disposto na devandita modificación, por medio deste anuncio procédese á convocatoria específica das seguintes prazas incluídas na oferta de emprego público de 2001 reservada á promoción interna do persoal laboral.

Cadro laboral.

-Dúas (2) prazas de oficial técnico en seguridade e saúde, asimiladas ó grupo C, nivel 19. Concurso-oposición por promición interna coa titulación esixida para o grupo C ou coa titulación do grupo D pero cunha antigüidade de 10 anos na escala de procedencia, conforme o disposto no artigo 61 da Lei 42/1994. Titulación específica: título de técnico intermedio en prevención de riscos laborais, validado conforme a normativa vixente e expedido por centro homologado (mínimo de 300 horas lectivas).

-Dúas (2) prazas de oficial vixilante de obras, persoal de oficios, asimiladas ó grupo D, nivel 17. Concurso-oposición por promoción interna vertical. Graduado escolar ou equivalente.

-Dúas (2) prazas de legoeiros especialistas, persoal de oficios, asimiladas o grupo E, nivel 14; provisión por concurso-oposición por promoción interna horizontal. Certificado de escolaridade.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da deputación durante o prazo dos 20 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, poderán presentarse

na forma que determina o artigo 38.4º da Lei 30/1992. Nos casos de concurso ou concurso-oposición, á solicitude deben unirse os xustificantes dos méritos que se aleguen.

No mesmo prazo xustificarase o aboamento dos dereitos de exame, polos seguintes importes, xuntándolle á solicitude o correspondente xustificante: para as prazas do grupo A asimiladas: 3.000 pestas; gurpo B ou asimildas: 2.250 pesetas; grupo C ou asimiladas: 1.250 pesetas; grupo D ou asimiladas: 1.000 pesetas; grupo E ou asimiladas: 750 pesetas.

A deputación facilitará copia das bases e modelo oficial de solicitudes nas oficinas do rexistro xeral; rúa Progreso, 32 (Ourense), ou solitándoo ó teléfono 988 38 51 00 ou fax 988 38 51 84.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente no taboleiro provincial de edictos en todo caso, e no BOP de Ourense cando proceda, de conformidade coas bases das probas selectivas.

O que se publica de conformidade co disposto no artigo 233.3º da Lei 5/1995, de Administración local de Galicia.

Ourense, 14 de novembro de 2001.

O presidente

Rubricado