Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 22 de novembro de 2001 Páx. 15.019

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2001, do organismo autónomo municipal Vigo-Zoo, polo que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, mediante concurso e en réxime de xestión interesada, dun herpetario-insectario-mariposario e un taller interactivo para escolares, denominado Toca-toca, non toques, no edificio central de usos múltiples de Vigo-Zoo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo autónomo municipal Vigo-Zoo.

b) Dependencia na que se tramita o expediente: oficina administrativa de Vigo-Zoo.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: é a contratación por concurso aberto, en réxime de xestión interesada e por un prazo de 10 anos, dun herpetario-insectario-mariposario e un taller interactivo para escolares, denominado Toca-toca, non toques, no edificio central de usos múltiples de Vigo-Zoo, sito no parque zoolóxico da Madroa, monte da Madroa, Candeán, s/n, 36317 Vigo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: normal.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Remuneración do contratista.

25% do importe que por entradas recade Vigo-Zoo no transcurso de cada ano.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 500.000 pesetas (3.005 euros).

6. Clasificación do contratista.

Non se esixe.

7. Obtención de documentación e información.

a) O prego de cláusulas administrativas e o prego de prescricións técnicas están á disposición dos interesados, para o seu exame, na oficina de información, sita na planta baixa da Casa do Concello de Vigo; praza do Rei, s/n, nos días e horas hábiles de oficina durante o prazo de presentación das proposicións.

b) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación das propostas.

8. Presentación das ofertas.

a) Cando transcorran 26 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no último dos diarios oficiais ó que se remita (DOG e BOP), coa excepción de que o último día fose domingo ou festivo, caso no que se prorrogará ata o día hábil seguinte.

b) Documentación que deberán presenta-los licitadores: será a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar e forma de presentación: polo asinante da proposición no rexistro xeral do Concello de Vigo, sito na planta baixa da casa do concello; praza do Rei, s/n, da cidade de Vigo, código postal 36201, ata as 13 horas. Tamén por correo na forma e requisitos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, segundo a redacción do Real decreto 2528/1986, do 28 de novembro.

9. Apertura das ofertas.

Terá lugar ás 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de proposicións na casa do concello e ante a mesa de contratación, constituída polo presidente, secretario, interventor, dous vocais, director-veterinario e secretaria do organismo autónomo Vigo-Zoo; se coincidise en día non hábil ou se por causas de forza maior non puidese ter lugar na data prevista, comunicaráselles ós licitadores a nova á que se traslade.

10. Gastos.

Os gastos que deberá asumi-lo adxudicatario serán os seguintes:

a) A totalidade dos que comporten o obxecto contractual, salvo os excluídos expresamente no contrato, os de publicación de anuncios de licitación e adxudicación en diarios oficiais, así como os de formalización do contrato en documento notarial, se aquel así o requirise.

b) Os dos ensaios de laboratorio homologado necesarios para comproba-la calidade dos materiais e equipos subministrados polo concesionario, ata un máximo do 1% do importe do contrato.

c) Os derivados do aboamento dos tributos, ben sexan estatais, autonómicos ou locais, que correspondan polo exercicio da actividade.

d) Calquera outro gasto que se orixine con ocasión da execución da totalidade das prestacións obxecto do contrato, e legalmente non lle corresponda a Vigo-Zoo asumilos.

Vigo, 7 de novembro de 2001.

Amador Fernández Fernández

Presidente do organismo autónomo Vigo-Zoo