Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 22 de novembro de 2001 Páx. 15.018

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO.

Por Resolución da Alcaldía con data do 15-11-2001 aprobouse inicialmente o estudio de detalle realizado polo enxeñeiro de camiños, canais e portos Felipe Linaje Ruiz, para ordena-los volumes permitidos no sector S-5 sen supera-los límites de edificabilidade fixados polo Plan Especial do Porto de Marín-Pontevedra e completa-la rede viaria interior, procedendo á súa parcelación, que queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, prazo no que as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo no Servicio Municipal de Urbanismo deste concello e presenta-las alegacións que estimen convenientes.

Marín, 15 de novembro de 2001.

Fco. Antonio Santiago Fernández

Alcalde-presidente