De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica), a iniciación do expediente 15-C-37/2001 por infracción en materia de defensa do consumidor.
O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertindo o interesado de que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido deste acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.
Expediente: 15-C-37/2001.
Inculpado: Cándido Manuel Lorente Cendrero.
Domicilio: r/ Barcelona nº 92-B, 15008 A Coruña.
Motivos: incumprimento das normas relativas a documentación e información.
Data da iniciación: 21-9-2001.
A Coruña, 25 de outubro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña