Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 22 de novembro de 2001 Páx. 15.007

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María Begoña Carballal Franco.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número catro da Coruña tramítase o recurso número 27/01 (procedemento abreviado) interposto por María Begoña Carballal Franco na súa condición de aspirante no proceso selectivo de persoal estatutario convocado por Resolución do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999).

A recorrente, aspirante da categoría de traballador social, pretende a valoración na fase de concurso dos servicios prestados como contratada laboral temporal para o programa de alcoholismo (área de saúde mental) desde o 15 de decembro de 1990 ó 14 de decembro de 1994. Pretende, así mesmo, a asignación de 10 puntos polo epígrafe de formación, e un total de 192.69 no concurso-oposición (posto 8º). Esta aspirante obtivo 154.75 puntos, acadando o posto 16º entre os aspirantes seleccionados.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos