De conformidade co disposto no artigo 126.4º da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada polo artigo 28.catro da Lei 66/1997, do 30 de decembro, e tentada a notificación ó interesado ou ó seu representante por dúas veces, sen que fose posible levala a efecto por causas non imputables á Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante o presente anuncio, que se encontran pendentes de notificar actos do procedemento de constrinximento dos debedores que se relacionan a seguir, sendo órgano responsable da tramitación dos citados actos, a Dependencia de Recadación, Unidade de Recadación de Débedas de Menor Contía, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de xullo, nº 1 de Oviedo.
Suxeito pasivo: Pérez Palacios, Ana Mª, 32421247X
Concepto/obx. tributario: trans. exp. 1998/28490.
Acto que se notificará: providencia de constrinximento.
Suxeito pasivo: Río Oliete, Mª José del, 07762034V.
Concepto/obx. tributario: factura nº 442/00 C.H.
Acto que se notificará: providencia de constrinximento.
En virtude do anterior, dispoño que os debedores indicados anteriormente ou os seus representantes debidamente acreditados deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, na Dependencia de Recadación, Unidade de Recadación de Débedas de Menon Contía, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de xullo, nº 1 de Oviedo ou na Delegación ou Administración da Axencia Tributaria correspondente ó seu domicilio fiscal, para efectos de practica-las notificacións dos citados actos.
Así mesmo, advírteselles ós interesados que, de non compareceren no mencionado prazo, se entenderá producida a notificación para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para compareceren.
Oviedo, 15 de outubro de 2001.
María Teresa Pisano Avello
Xefa da Dependencia de Recadación