Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 20 de novembro de 2001 Páx. 14.944

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE, S.A.

ANUNCIO.

1. Entidade adxudicadora: Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama), r/ Morzós, nº 10, As Encrobas, 15187 Cerceda, A Coruña (España). Teléfono: 00 34 981 69 85 00. Fax: 00 34 981 68 60 64.

2. Natureza do contrato: contrato de prestación de servicios.

3. Lugar de prestación: Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Natureza do servicio: servicio integral de transporte combinado de residuos sólidos urbanos e outros residuos da Comunidade Autónoma de Galicia, obxecto da xestión por parte da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A., nas condicións establecidas no prego de condicións.

5. Duración e data de comezo aproximada:

Duración: 10 anos.

Data de comezo: primeiro semestre de 2002.

6. Consulta de documentación: os pregos de condicións poderán retirarse no seguinte enderezo: Copy Nino, r/ Xeneral Pardiñas, 2, Santiago de Compostela, A Coruña (España). Teléfono: 00 34 981 58 89 38.

7. Data límite de recepción de ofertas: 3 de xaneiro de 2002, ás 13 horas.

8. Lugar de entrega de ofertas: mesmo enderezo, punto 1.

9. Idioma das ofertas: o idioma será o español, galego ou lingua da Comunidade Europea xunto cunha traducción oficial.

10. Lugar e data de apertura: a apertura de ofertas realizarase ás 13 horas do día 4 de xaneiro de 2002. O lugar de apertura é o que figura no punto 1.

11. Fianzas e avais esixidos: aval bancario provisional 20.000.000 de pesetas (120.202,42 euros).

12. Prazo de validez da oferta: 6 meses contados desde o día 4 de xaneiro de 2002.

13. Data de envío do anuncio: 14 de novembro de 2001.

Luis Mingo Reiz

Presidente da Sociedade Galega

do Medio Ambiente, S.A.