Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 20 de novembro de 2001 Páx. 14.942

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso, con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, a seguinte subministración:

Obxecto: adquisición dunha máquina limpafoxos para o departamento municipal de Servicios.

Orzamento de licitación: 5.350.000 pesetas, equivalentes a 32.154,15 euros.

Fianzas.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Prazo de entrega: un mes.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de oito días (8) naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación, xa sexa no BOP ou no DOG; ata as 13 horas.

Pregos de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 6 de novembro de 2001.

Ether Pita Pita

Alcaldesa