Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 20 de novembro de 2001 Páx. 14.937

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se abre información pública para a petición de autorización administrativa da instalación eléctrico-eólica que se cita para efectos de presentación de solicitudes en competencia. (Expediente IN661A 01/4-4).

Para os efectos previstos no Decreto 205/1995, do 6 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se regula o aproveitamento de enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a seguinte solicitude:

Solicitante: Gamesa Energía, S.A.

Domicilio social: avda. do Cruceiro da Coruña, 201-A, Santiago de Compostela, provincia da Coruña.

Título: parque eólico de Cabanelas.

Concellos afectados: Forcarei, A Estrada e Cerdedo.

Superficie afectada: 612,5 ha.

Coordenadas UTM (x, y):

V (549.000, 4.719.500), V (549.500, 4.719.500),

V (550.250, 4.716.500), V (551.250, 4.717.500),

V (551.000, 4.715.000), V (551.500, 4.712.500),

V (550.750, 4.712.500), V (550.000, 4.716.000),

V (549.500, 4.716.000).

Tipo e número de aeroxeradores: 34 máquinas mod. G-52.

Potencia bruta que se vai instalar: 28,90 MW.

Orzamento aproximado: 3.430 millones de pesetas.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia, nesta delegación provincial, sita na r/ Eduardo Pondal, número 64 de Pontevedra.

Pontevedra, 7 de novembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra