Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 20 de novembro de 2001 Páx. 14.936

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 275/2001).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Moucho.

Situación: Carballo.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV sobre apoio de formigón e con conductor LA-56, de 10 m de lonxitude, que deriva da liña que alimenta ó C.T. Añón-Berdillo e final no C.T. Moucho.

Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Moucho, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 510 m de lonxitude discorrendo polos lugares de Moucho, Seixas e Paraíso. Rede de baixa tensión coas mesmas características desde o C.T. Piñeiro, discorrendo por Piñeiro, Esmorís, Costas e Vilarnovo, de 2.050 m de lonxitude. No termo municipal de Carballo.

O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, aproba-lo proxecto e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que coide pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 9 de outubro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña