Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 20 de novembro de 2001 Páx. 14.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/120-2, 5678 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Soutelo.

Situación: Ribeira de Piquín.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con lonxitude de 46 m conductor tipo LA-56 con orixe en L.M.T. a C.T. Chao do Pousadoiro-C.T. Barangón e final no C.T.I. de Soutelo. C.T. intemperie de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T. aérea con lonxitude de 565 m e conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 21 de setembro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo