Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2001 Páx. 14.856

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 15 de outubro de 2001, da Dependencia de Recadación de Valladolid, de notificación de providencia de constrinximento.

Tentada a notificación ós interesados ou ós seus representantes, por dúas veces, sen que esta se puidese realizar por causas non imputables á Administración tributaria, é polo que de conformidade co disposto nos artigos 105 e 126 da Lei xeral tributaria, de acordo coas modificacións introducidas pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, son citados os interesados ou os seus representantes mediante este anuncio, para seren notificados por comparecencia.

Procedemento de constrinximento administrativo.

Órgano responsable da tramitación: dependencia de recadación.

Lugar: Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria, praza de Madrid, 5, Valladolid.

Prazo: 10 días, contados a partir do seguinte día hábil da publicación deste anuncio no boletín oficial correspondente, de luns a venres, en horario das 9 ás 14 horas. Cando transcorrido o dito prazo non se comparecese, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Relación de notificacións pendentes: xúntanse en documento anexo.

Valladolid, 15 de outubro de 2001.

Gerardo Arranz Sanguino

Xefe da Dependencia de Recadación de Valladolid

ANEXO

AEAT Comunidade Autónoma de Galicia.

Delegación: Valladolid.

Número emi.: 01.3.1.11.003.

Datos do contribuínte: B47083787. Transportes Sendín e Hijos, S.L. Avda. Burgos, 1, Valladolid.

Concepto/descrición/obx. trib.: sanción, exp.: 2000/ LU-00175-O. P. Ter. O.

Clave liquidación: C1100001270047120.

Importe: 300.000.

D. prov. constrinx.: 24-4-2001.