Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2001 Páx. 14.849

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2001 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a contratación das subministracións que se citan.

Expediente 39/2001.

Obxecto: aula informática de idiomas multimedia para a Facultade de Filoloxía e Traducción.

Localidade: Vigo.

Importe licitación: 11.084.095 pesetas IVE incluído.

Prazo entrega: 2 meses.

Expediente 41/2001.

Obxecto: equipamentos deportivos para a Facultade de Ciencias da Educación en Pontevedra-2 lotes.

Localidade: Pontevedra.

Importe licitación:

Lote 1: 11.367.218 pesetas IVE incluído.

Lote 2: 11.132.782 pesetas IVE incluído.

Prazo de entrega: 1 mes (para ámbolos dous lotes).

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº dos expedientes: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto dos contratos: a) Descrición dos obxectos: as arriba indicadas. b) Número de unidades que se van entregar: as especificadas nos pregos de cláusulas. c) División por lotes e número:--. d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato. e) Prazo de entrega: los arriba indicados.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importes totais: os arriba indicados.

5. Garantías: provisionais: 2% dos importes de licitación. Definitivas: 4% dos importes adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: edificio anexo ó rectorado, r/ Areal, nº 46-3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Teléfono: 986 81 35 71. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2ª Domicilio: Rectorado-edificio anexo r/ Oporto nº 1-planta baixa. 3ª Localidade e código postal: Vigo-36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses contados desde a apertura das proposicións. e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Areal, nº 46-1ª planta. c) Localidade: Vigo-36201. d) Data: o terceiro día seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se este día fose inhábil ou sábado reunirase o seguinte día hábil. e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios a rateo.

Vigo, 8 de novembro de 2001.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Julio Taboada Pérez

Xerente da Universidade de Vigo