Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Otero IV e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
a) Antecedentes de feito.
Primeiro.-Mediante escrito do 24-7-2001, Félix Rey Domínguez, en representación da comunidade de herdeiros de Joaquina Domínguez Domínguez, solicitou autorización para transmisión da concesión da batea Otero IV.
Segundo.-O interesado achegou a documentación para a tramitación.
Terceiro.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.
b) Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería
RESOLVE:
Autoriza-la transmisión mortis causa, a favor de Félix Rey Domínguez (35371017), Félix Rey Domínguez (35393891-L) e José Rey Domínguez (76851498-B), da concesión que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Otero IV.
Localización: cuadrícula nº 63, polígono G, distrito O Grove (Pontevedra).
Especies autorizadas:mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde de outorgamento: 30-5-1975.
Remate da vixencia: 25-6-2005.
Actual titular: Joaquina Domínguez Domínguez (35371513-C) e Félix Rey Domínguez (35371017).
Novo titular: Félix Rey Domínguez (35371017), Félix Rey Domínguez (35393891-L) e José Rey Domínguez (76851498-B).
O novo titular subrógase nos dereitos e obrigas do anterior.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º
da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Vigo, 6 de agosto de 2001.
P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Vigo