No uso da competencia que atribúe a esta Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais a Lei 9/1991, do 2 de outubro, modificada parcialmente pola Lei 1/1999, do 5 de febreiro, galega de medidas básicas para a inserción social (DOG nº 191, do 3 de outubro de 1991 e DOG nº 36, do 22 de febreiro de 1999), e en virtude do disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 4/1999, do 13 de
xaneiro (BOE do 14 de xaneiro) que modifica parcialmente a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ó seren devoltas polo servicio de correos as notificacións enviadas no seu día, requírenselles as persoas citadas no anexo para que no prazo de 10 días, contados desde o seguinte á data de publicación deste edicto, comparezan persoalmente ou debidamente representadas, na Delegación Provin
cial de Pontevedra, Área de Servicios Sociais, Servicio Prestacións (r/ Cánovas del Castillo, s/n, Vigo), para teren coñecemento do contido daquelas, advertíndolles que, de non facerse así, teranse por notificadas cos efectos que correspondan.
Vigo, 18 de outubro de 2001.
P.D. (Decreto 198/1994, do 16 de xuño)
Isabel Cerqueira Ozores
Secretaria provincial
ANEXO
Interesado DNI Resolución Causa Fundamento de dereito Observ.
Sonia Ángela Casas Camacho X3224186T Arquivo da solicitude Art. 73 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Helder dos Anjos X2264462C Arquivo da solicitude por caducidade Arts. 76, 87 e 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Víctor Martín Espino 32784374 Denegación da prestación Art. 41.1º da Lei 1/1999, do 5 de febreiro, que modifica parcialmente a Lei 9/1991, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social e demais normativa de desenvolvemento.
Mª Isabel Besada Valence 76903797 Denegación da prestación Art. 41.1º da Lei 1/1999, do 5 de febreiro, que modifica parcialmente a Lei 9/1991, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social, e demais normativa de desenvolvemento.
Rosa Mª Fernández Fernández 76998273 Concesión da prestación Lei 1/1999, do 5 de febreiro, que modifica parcialmente a Lei 9/1991, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social e demais normativa de desenvolvemento.