De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a proposta de resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto regulamento para o exercicio da potestade sancionadora; dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións.
Expediente sancionador: Secretaría 185/2001 PRO.
Denunciado: Autoservicio Familia, S.A.
Último enderezo coñecido: Venezuela, 2-4 baixo, Sada.
Cualificación da infracción: grave.
Importe da sanción: un millón de pesetas.
A Coruña, 18 de setembro de 2001.
Mª Blanca García Varela
Delegada provincial da Coruña