Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2001 Páx. 14.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 27 de setembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/417).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Endesa, S.A.

Domicilio social: Areosa, s/n, As Pontes de García Rodríguez.

Denominación: modificación L.M.T. Enfersa-Poboados.

Situación: As Pontes de García Rodríguez.

Descricións técnicas: modificación da liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, en dobre circuíto, nomeada L.M.T. Enfersa e Poboados, nas Pontes, consistente en:

-Cambio de traza desde o apoio nº 1 ó nº 5, implantando torres metálicas de celosía e conductor LA-110, en dobre circuíto e nunha lonxitude de 495 m. As Pontes de García Rodríguez.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 27 de setembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña