Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 16 de novembro de 2001 Páx. 14.797

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación por concurso aberto, da subministración de material para a integración de módulos de iluminación pública no Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Diversificación e Aforro. Nº de expediente: 14517/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración por lotes de material para a integración de módulos de iluminación pública no Concello de Vigo.

Unidades que se entregarán: véxanse condicións técnicas.

Lotes: si, dous lotes.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 30 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento: lote 1: 5.249.994 pesetas (31.553,09 euros) e lote 2: 5. 999.993 pesetas (36.060,68 euros).

5. Garantías: provisional: dispensada.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo; pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no DOG e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

11. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 8 de novembro de 2001.

Carlos Alberto González Príncipe

Alcalde accidental