Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 16 de novembro de 2001 Páx. 14.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2001, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, pola que se corrixen erros no prego de prescricións técnicas correspondentes á do 27 de setembro de 2001 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, mediante o concurso público 8/2001, da adquisición de implantes ortoprotésicos de cadeira e xeonllo para o Servicio de Traumatoloxía do centro.

Advertido erro no prego de prescricións técnicas que rexen esta contratación procédese á súa rectificación:

No anexo A, prezo unitario/pesetas lote 3 próteses parcial de cadeira bipolar cefálica, o prezo que aparece de 175.000 pesetas substitúese polo de 275.000 pesetas.

Prazo de presentación de proposicións: polo anteriormente exposto reábrese o prazo de presentación de ofertas, 15 días naturais contados a partir do seguinte da publicación deste anuncio.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público no salón de actos do Hospital Comarcal Valdeorras, ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día cadre

en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Data de publicación: 2 de novembro de 2001, Diario Oficial de Galicia nº 212, páxina 14.200, sección VI, anuncios, subsección: anuncios da Administración autonómica.

Organismo: Servicio Galego de Saúde.

O Barco de Valdeorras, 11 de novembro de 2001.

Luis A. González Rodríguez

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras