Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 16 de novembro de 2001 Páx. 14.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 24 de outubro de 2001, do Servicio Provincial de Ourense, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador simplificado 32.032/2001, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á sociedade relacionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica) a proposta de resolución do expediente sancionador simplificado nº 32.032/01, por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica á sociedade interesada para que no prazo de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte a esta notificación efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos ou informacións estime convenientes, ante o instructor do procedemento.

Expediente: 32.032/01.

Inculpado: Calzados Seoane, S.L.

Enderezo: Plácido Peña, 109, Vilalba (Lugo).

Motivo: carecer de PVP visible desde o exterior, no escaparate da tenda sita en r/ Ervedelo, nº 25 (Ourense).

Data da proposta de resolución: 22-8-2001.

Ourense, 24 de outubro de 2001.

Antonio Aguarón Turrientes

Xefe do Servicio Provincial de Ourense