De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa mencionada a continuación (que non puido ser notificada no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente nº 15-C-19/2001 por infracción en materia de defensa do consumidor.
O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúa as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos ou informacións estime convenientes, e se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertindo ó interesado de que lle queda posto de manifesto o expediente e de que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.
Expediente: 15-C-19/2001.
Inculpado: J. y Valiño, S.L.
Domicilio: estrada de Eirís, nº 20, 15009 A Coruña.
Motivos: incumprimento das normas de documentación e información.
Data da iniciación: 21-9-2001.
A Coruña, 24 de outubro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña