Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 16 de novembro de 2001 Páx. 14.792

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 8 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as propostas de resolución dos expedientes sancionadores OU 159/01 IN e dous máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola

Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalará a seguir, as propostas de resolución dos correspondentes expedientes sancionadores por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e de seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 23 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2001 ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar, e achegar por escrito as alegacións, e os documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos, segundo o establecido no Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial de Medio Ambiente de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, presentándoos en calquera entidade bancaria.

Ourense, 8 de outubro de 2001.

Montserrat González Pérez

Instructora

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Nº expte.

Ano

Denunciado

DNI

Último

enderezo coñecido

Feito

denunciado

Precepto infrinxido

e sancionador

Sanción

pesetas

159/01 INJosé Gil Iglesias

35764934

Nogueira, 32229 Padrenda

(Ourense)

Abandono vehículo

OR-0194-I

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000

211/01 INJuan Salazar Jiménez

34106253

R/ Costanilla del Hospital,

nº 2, La Bastilla (Álava)

Abandono vehículo

C-4981-I

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000

214/01 INJosefa de Vera Delgado

05046561

R/ Pintor Rivera, 76

28930 Móstoles

Abandono vehículo

M-9668-CM

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000