Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 16 de novembro de 2001 Páx. 14.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 17 de outubro de 2001, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores (PESAN1 2001/000124-2 e dúas máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase ás persoas que a continuación se relacionan, as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examinaren o expediente e interpoñeren, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados de seguido áchanse ó dispor dos interesados na citada Delegación Territorial de Lugo en Celeiro (Viveiro), avda. Ramón Canosa s/n, 27863.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000124-2.

Denunciado: Julio Leal Casariego.

DNI: 77595048V.

Enderezo: Rúa Estación, Burela.

Precepto infrinxido: 5.1º.

Sanción: 5.000 pesetas/30,05 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000142-2.

Denunciado: Roberto Rodríguez Reigosa.

DNI: 33308028A.

Enderezo: Cabanela, 14, Ribadeo.

Precepto infrinxido: 6.7º.

Sanción: 1.000.000 de pesetas/6.010,12 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000152-2.

Denunciado: Roberto Rodríguez Reigosa.

DNI: 33308028A.

Enderezo: Cabanela, 14, Ribadeo.

Precepto infrinxido: 6.7º.

Sanción: 1.000.000 de pesetas/6.010,12 euros.

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na c/c nº 2091/0154/11/3110000040 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina de Celeiro-Viveiro, título da conta «Tesouro da Facenda Galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións», nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non ser aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.

Celeiro-Viveiro, 17 de outubro de 2001.

Pablo Ramón Fernández Asensio

Delegado territorial de Lugo