Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 16 de novembro de 2001 Páx. 14.784

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/112-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Macendo, Señorín 2ª-F (Pousada, S. Pedro, Covelas).

Situación: Castrelo de Miño.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 41 m, con orixe no apoio 2-2B 14 da L.M.T. Castrelo-Rairo e remata no C.T. proxectado aéreo en Pousada, con 100 kVA, r/t 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión en: Pousada, San Pedro, Tallón e Covelas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 2 de outubro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense