Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 15 de novembro de 2001 Páx. 14.740

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 203/2000).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV de 326 m de lonxitude, centro de transformación e rede de baixa tensión no lugar de Pisón, no termo municipal de Bergondo (expediente 203/2000), por resolución desta delegación provincial do 18 de xuño de 2001, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 21 de novembro de 2001 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu regulamento do 26 de abril de 1057, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón

xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Bergondo, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia, BOP e no xornal El Ideal Gallego, de datas 21-11-2000, 4-11-2000 e 24-10-2000, respectivamente, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 10 de outubro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 203/2000Provincia: A Coruña

L.M.T., C.T., R.B.T. PisónTermo municipal: Bergondo

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1A CañotaLaborJosefa Franco Díazr/ Travesía, 26-28, 15300 Betanzos22143

3A CañotaLaborRepr.: Susana V.G. Martínez

Hdos. Manuel Martínez Amor

Toneleiro-Capital, 6230, 1408 Arxentina134340

6A CañotaCarballosCarmen López Martínez

Josefa López Martínez

Avda. Jesús García Naveira, 27-5º B, 15300 Betanzos

Avda. Jesús García Naveira, 27-5º B, 15300 Betanzos

L.A.T.42

8O CousoEucaliptalJosé Luis Rosende LendoiroPisón, 25, 15165 Bergondo8117

9O CousoEucaliptalJosé Dorado DoldanBergondo, 15165 Bergondo881.343

13A CastellanaEucaliptalManuel Seijo PargaSan Fiz-Vixoi, s/n, 15319 A Coruña9135

16A CastellanaEucaliptalManuel Varela SuárezPisón, 12, 15165 Bergondo698