Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 15 de novembro de 2001 Páx. 14.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/117-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T.S, C.T. Río Arnoia.

Situación: Ourense.

Características técnicas: liña subterránea a 20 kV de 6 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. subterránea ó C.T. Tudela Veguín e remata na L.M.T. subterránea ó C.T. Alejandro Pedrosa, logo de alimenta-lo C.T. nun edificio da r/ Alejandro Pedrosa, con 400 kVA, R/T 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 3 de outubro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense