Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 15 de novembro de 2001 Páx. 14.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2362; XG-224, Padrón-Pontevea, con anexo, por substitución da concesión V-2362; XG-224, de igual denominación.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 12 de xullo de 2001, resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, á Empresa Sánchez, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2362; XG-224, Padrón-Pontevea, con anexo, por substitución da concesión V-2362; XG-224, de igual denominación, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

-Padrón, Vista Alegre, Herbón, Xoane, Pousada, Sinde, Xirimbao, Freixeiro, Valiñas, Pazos, A Ribeira e Pontevea.

-Freixeiro, Samar, Montecelo, O Piñeiro, Pazos e A Ribeira.

II. Expedicións e calendario.

Pontevea-Pazos A Ribeira-Freixeiro-Sinde-Padrón (14 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Sinde-Padrón (7,8 km).

-Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres lectivos.

-Dúas expedicións de ida e volta os domingos.

Freixeiro-Samar-O Piñeiro-Pazos-A Ribeira-Pontevea-Pazos-A Ribeira-Valiñas-Freixeiro-Padrón (18,5 km).

-Unha expedición de ida e volta os domingos.

Padrón-Freixeiro-Samar-O Piñeiro-Pontevea (15,2 km).

-Unha expedición de ida os domingos.

Pontevea-Pazos-A Ribeira-Valiñas-Freixeiro-Padrón (14 km).

-Unha expedición de ida os domingos.

III. Tarifas.

-Tarifa aplicable:

* Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 15,7522 pesetas.

* Tarifa usuario: 16,8549 pesetas.

* Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 2,3628 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tibunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes