Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 15 de novembro de 2001 Páx. 14.728

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatística, lista B, de conformidade coas resolucións do 27 de agosto e 9 de outubro de 2001.

Publicadas as resolucións do 27 de agosto e 9 de outubro de 2001, relativas á publicación das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, corres

pondentes ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatística, lista B, e unha vez rematados os prazos previstos nas ditas resolucións, constatada a existencia dalgúns erros materiais nas listas publicadas por parte da comisión permanente de selección de persoal, para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios na correspondente sesión, unha vez elevada a oportuna proposta, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas, unha vez corrixidos os erros materiais constatados, as relacións de solicitantes para a cobertura, con carácter temporal mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatística, lista B. As ditas listas están expostas da forma que a seguir se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos, con expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atoparanse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 das 9 ás 19 horas, de luns a venres, e das 9 ás 14 horas os sábados.

Terceiro.-As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Os solicitantes excluídos ós que lles corresponda disporán do prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para solicita-la devolución das taxas por dereitos de inscrición, debendo consigna-lo nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, e achegar, así mesmo, copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa de autoliquidación.

Quinto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública