Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 14 de novembro de 2001 Páx. 14.708

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de obras.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto do contrato: redacción do proxecto e execución da obra de construcción dunha gardería infantil no Campus Universitario de Lugo.

3. Orzamento (IVE incluído): setenta e un millóns cincocentas mil pesetas (71.500.000) (429.723,65 euros).

4. Prazo de execución: catorce (14) meses.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación, depositada na Tesourería da Deputación Provincial de Lugo.

6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Presentación das ofertas: trinta (30) días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste extracto o Diario Oficial de Galicia.

8. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

9. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 254, con data do 6 de novembro de 2001.

Lugo, 6 de novembro de 2001.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo