Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 14 de novembro de 2001 Páx. 14.705

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

EDICTO.

Formulado o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vila de Cruces e sometido a coñecemento do Pleno en sesión extraordinaria celebrada o día 11 de outubro de 2001, de acordo co establecido no artigo 41.1º da Lei 1/1997, do 14 de marzo, do solo de Galicia, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes, que comezará a contar desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, así como a publicación do correspondente anuncio nun dos xornais de maior circulación da provincia, durante o cal as entidades

e os particulares poderán suxeri-lo que coiden oportuno e presenta-las propostas e convenios urbanísticos que se consideren procedentes.

Vila de Cruces, 15 de outubro de 2001.

O alcalde-presidente

Rubricado