A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 27 de setembro de 2001, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización na travesía Areosa, redactado polo enxeñeiro de camiños Juan Rodríguez Fernández e promovido por Construcciones y Transportes Freixeiro, S.L.
Exponse ó público polo prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ó abeiro do previsto no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia.
O expediente estará á disposición de calquera que desexe examinalo na Unidade de Obras, Urbanismo e Servicios, para formula-las alegacións que considere pertinentes.
Narón, 10 de outubro de 2001.
Xoán Gato Díaz
Alcalde