Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 14 de novembro de 2001 Páx. 14.705

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

APROBACIÓN definitiva da reparcelación voluntaria do SAU 11.

No BOP nº 213, do 15 de setembro de 2001, publícase integramente o acordo da Comisión de Goberno de Melide do 21 de xuño de 2001, polo que se aproba definitivamente a reparcelación voluntaria do SAU 11, presentada por Victoria Ángeles Cabado Rodríguez.

O que se publica, de acordo co establecido no artigo 111.1º do Regulamento de xestión urbanística, para os efectos oportunos.

Contra este acordo, que é definitivo na vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Non obstante, poderá interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposisicón ante o mesmo órgano que dictou o acto no prazo dun (1) mes, que comezará a contar desde a recepción da presente notificación. Neste caso, non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto. Todo isto sen prexuízo de que poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que estime procedente.

O presente anuncio, de acordo co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, servirá de notificación ós posibles propietarios descoñecidos, aqueles dos que se descoñeza o seu domicilio e ós que, intentada a notificación, non fose posibles realizala.

Melide, 10 de outubro de 2001.

Miguel R. Pampín Rúa

Alcalde