Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 14 de novembro de 2001 Páx. 14.704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PDU-8/2001).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 26 de novembro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do POL-H3.02, cuartel militar San Amaro, presentado por Vallehermoso Promoción División S.A.U., con suxeición ás condicións que se lle indican no informe técnico municipal. Para a aprobación definitiva deberá presentar un novo documento no que se recollan estas correccións.

Segundo.-Para o suposto de edificación simultánea á urbanización constituirá unha fianza de 5.914.213 pesetas (35.545,14 euros) en concepto de garantía de execución das obras de urbanización, para cumprir co indicado nos artigos 40 e 41 do Regulamento de xestión urbanística.

Terceiro.-Proceder á exposición pública do documento polo prazo dun mes, anunciándose así no Diario Oficial de Galicia e na prensa local.

Cuarto.-Notificar a Vallehermoso Promoción División S.A.U.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na Oficina de Planeamento do Servicio de Urbanismo, en horario laboral das 12 ás 14 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán por conta do seu promotor.

A Coruña, 5 de novembro de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo