Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. praia de San Pedro.
Situación: Sada.
Descricións técnicas: recuamento de C.T. aéreo de praia de Veigue de 100 kVA a 15/0,380 kV L.M.T.S. a 15/20 kV que alimentará os CC.TT. de praia de Veigue e praia de San Pedro tipo prefabricado de 250 kVA, que parte dun apoio que se vai a instalar na L.M.T.A. a C.T. praia de Veigue (expediente 34914) que vai ser substituído e remate nos novos transformadores. Sada.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódolas súas partes ás que figuran
no proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 1 de outubro de 2001.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións