Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 14 de novembro de 2001 Páx. 14.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/185-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A..

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: variante L.M.T. e C.T. Alto do Pousadoiro.

Situación: Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, 65 m de lonxitude, conductor LA-110, desde o apoio 1 da L.M.T. ó C.T. Telleira ata o apoio 2 proxectado da mesma liña. L.M.T., aérea, 20 kV, 174 m de lonxitude, conductor LA-110, desde o apoio 1 proxectado da L.M.T. Caldas ata o apoio metálico existente C-2000/14 da mesma liña. L.M.T., aérea, 20 kV, conductor LA-56, 32 m de lonxitude, desde o apoio metálico proxectado 2000/16 da L.M.T. Caldas ata o C.T. O Pousadoiro para recuar. L.M.T., aérea, a 20 kV, conductor LA-110, 165 m de lonxitude, desde un apoio metálico proxectado na L.M.T. derivación ó C.T. V. Méndez ata un apoio metálico proxectado na L.M.T. derivación Santo Antoniño. L.M.T., aérea, a 20 kV, conductor LA-56, 126 m de lonxitude, desde un apoio existente que se vai recuar da L.M.T. ó C.T. Sequeiros ata o C.T. Sequeiros. Recuamento C.T. existente de 100 kVA, R.T. 20 kV/380-220 V, no alto do Pousadoiro. Toda a instalación está situada nos concellos de Caldas de Reis e

Vilagarcía de Arousa.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do R.D. 1955/2000, esta delegación provincial resuelve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, as que as características se axustarán en tódolas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do R.D. 1955/2000, será de doce meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter e conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñerse calquera outro recurso que estime pertinente.

Pontevedra, 21 de setembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra