Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.653

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2001, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do procedemento aberto concurso público 3/2001.

A Dirección Xerencia de Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, en virtude das atribucions que lle foron delegadas conforme o establecido no parágrafo i) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, una vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Servicio Galego de Saúde, Hospital Comarcal Valdeorras, r/ Conde Fenosa, 50, 32300 O Barco de Valdeorras.

Nº de expediente: 3/2001.

2. Obxecto del contrato.

Tipo de contrato: contrato de subministracións.

Descrición do obxecto: adquisición de reactivos e demais subministracións necesarias para a realización de probas analíticas para a Unidade de Seroloxía do Servicio de Laboratorio do Hospital Comarcal Valdeorras.

Anuncio de licitación publicado no Diario Oficial de Galicia nº 152, do 7 de agosto de 2001

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicacion.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 27.000.000 de pesetas, equivalentes a 162.273,27 euros.

5. Adxudicación.

Data: 1 de outubro de 2001.

Contratista: Abbott Científica, S.A.

Orzamento total: 23.913.200 pesetas, equivalentes a 143.721,23 euros.

O Barco de Valdeorras, 1 de outubro de 2001.

Luis A. González Rodríguez

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras